O presidente de Clun recoñece que hai "interese" doutras cooperativas

José Ángel Blanco asegura que Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños traballan "para integralo todo"
José Ángel Blanco Purriños, presidente de Clun; Pablo Costoyas, secretario; y José Montes, vicepresidente
photo_camera José Ángel Blanco Purriños, presidente de Clun; Pablo Costoyas, secretario; y José Montes, vicepresidente

O presidente de Clun, a cooperativa de segunda grao que acaba de ser formalmente constituída ante notario grazas á unión de Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños, confirmou que existe "interese" por parte doutras sociedades do sector por sumarse a este proxecto, aínda que de momento ningunha se pronunciou de forma definitiva.

O presidente dos Irmandiños e de Clun, José Ángel Blanco, explicou a Efe que neste momento o persoal e os xerentes das tres cooperativas están a traballar "para integralo todo" e que "a partir do 1 de xaneiro" a nova sociedade "funcione como unha única empresa".

Recoñeceu que esa integración require de "moito traballo", de modo que ata que quede completada "non vai entrar ninguén", a pesar de que os promotores desta iniciativa xa lle presentaron o proxecto a outras cooperativas galegas.

De feito, indicou que algunha desas cooperativas xa "chamou" aos responsables de Clun para que lles expliquen "con detalle" os pormenores do proxecto e as perspectivas de futuro.

"Interese" por sumarse a este proxecto existe, recoñeceu José Ángel Blanco, pero neste momento as tres cooperativas que formaron Clun están inmersas no traballo para "cumprir o cronograma" establecido e completar o proceso de fusión.

Comentarios