O PSdeG e a Confapa denuncian que Lugo perdeu 250 profesores desde 2009

O PSdeG-PSOE e a Confederación de Anpas de Galicia (Confapa) fixeron balance hoxe do inicio do curso escolar en Lugo e denunciaron que a comunidade escolar nesta provincia conta con douscentos cincuenta profesores menos desde o ano 2009.

Para facer ese balance compareceron en rolda de prensa o secretario provincial do PSdeG, Juan Carlos González Santín; o portavoz de Educación no Parlamento, Vicento Docasar, e a presidenta da Confapa, Helena Gómez Vecino, así como diversos responsables provinciais do partido.

Ademais da perda de persoal docente nos últimos anos, os socialistas denunciaron que "un terzo dos profesionais dos centros lucenses son interinos" e a "Xunta non desenvolve os programas de diversificación curricular que necesitan os alumnos con necesidades educativas especiais".

Así mesmo, criticaron a supresión doutras seis unidades lectivas na zona rural da provincia e a agrupación de alumnos de varios cursos nunha única aula en centros como o colexio de Ourol.

Comentarios