O PSOE de Mondoñedo oponse a destinar 324.000 euros para a casa museo de Cunqueiro

Prefire dedicalos a potenciar o polígono industrial ou a cursos de formación para parados

A portavoz do PSOE en Mondoñedo, Esperanza González Martín, criticou este martes que se destinen máis de 300.000 euros a rehabilitar a casa museo de Álvaro Cunqueiro en lugar de "potenciar o polígono industrial" ou dar cursos de formación para desempregados, entre outras necesidades.

Cuestionouno tras coñecer o convenio da Deputación de Lugo co Concello, que supón 308.000 euros por parte da institución provincial e 16.000 euros máis por parte da administración local. Ante ese gasto, González Martínez pide á alcaldesa, Elena Candia, que tamén é presidenta da Deputación Provincial, que "priorice" eses fondos para outros asuntos.

"Non invista máis de 308.000 euros nun inmoble dun particular (...), pois non vai repercutir nos beneficios dos mindonienses", sentenza nun comunicado.

Comentarios