O Sergas deberá indemnizar con 25.000 euros polo falecemento dunha moza

Un xulgado de Santiago de Compostela fallou a favor dunha familia de Vigo que terá que ser indemnizada polo Servizo Galego de Saúde con 25.000 euros tras falecer a súa filla de 33 anos por un "tratamento inadecuado e incluso contraindicado" para a fibrose quística que padecía desde o seu nacemento.

A nai da falecida, María del Carmen García, explicou hoxe en rolda de prensa que a enfermidade xenética non foi diagnosticada ata o ano 2001 cando, por mor de probas realizadas no Hospital Xeral de Vigo, o médico indicou "unha fibrose atípica e moi leve".

Carmen García explicou que a súa filla recibiu diversos tratamentos para facer fronte aos síntomas da enfermidade, como unha alerxia de tipo pulmonar, pero que durante as consultas o médico insistía na "pouca importancia" da fibrose.

Comentarios