Elena Candia, Ángeles Vázquez e Marisol Díaz encabezarán as listas do PP con Feijóo

Corina Porro ocupará o segundo posto por Pontevedra
Feijóo con Díaz, Porro, Vázquez y Candia, este sábado en Santiago. LAVANDEIRA JR (Efe)
photo_camera Feijóo, Vázquez, Candia e Díaz. EP

A alcaldesa de Mondoñedo e presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a exdelegada da Xunta en Ourense Marisol Díaz acompañarán a Alberto Núñez Feijóo como cabezas de lista nas eleccións autonómicas do próximo 5 de abril. 

Ademais, Corina Porro, exdelegada da Xunta en Vigo, será a número dous por Pontevedra, segundo avanzou o propio Núñez Feijóo —que abrirá a lista por Pontevedra— nun acto este sábado en Santiago, no que asegurou que o vindeiro luns presentará "a lista completa" e insistiu en que o seu partido segue "coas portas abertas" mentres haxa prazo ante a posible incorporación dalgunha persoa de Ciudadanos nas listas do PPdeG.

Feijóo destacou que estas mulleres reúnen tres dos requisitos básicos para calquera político, como son "a experiencia política, a de xestión e o recoñecemento electoral".