Esgotadas en menos dunha hora as entradas para a proba piloto na Sala Pelícano

O ensaio, que terá lugar o 12 de xuño, terá un aforamento de 1.000 persoas
Sala Pelícano. INSTAGRAM
photo_camera Sala Pelícano. INSTAGRAM

As entradas para a proba piloto de apertura do lecer nocturno na Sala Pelícano da Coruña esgotáronse en menos dunha hora, segundo informaron os xestores do local nas súas redes sociais.

A cita celebrarase o 12 de xuño desde as 21.00 horas ata a 01.00 horas, cun aforamento de1.000 persoas, un terzo da capacidade do establecemento.

“As entradas para a nosa proba piloto duraron menos dunha hora á venda. Sabemos que moitos vos quedastes con ganas de participar, pero tranquilos, a nosa volta está cada vez máis preto”, publicou este mércores a Sala Pelícano na súa conta de Instagram.

A entrada, que ten un custo de dez euros, inclúe unha consumición, unha proba PCR e unha máscara. En Pontevedra, a proba piloto terá lugar no pub La Pomada.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida de Sala Pelícano (@salapelicano)

Comentarios