Estabilizado o incendio de Carballeda de Valdeorras

As primeiras estimacións apuntan que a superficie afectada ascende a máis de 20 hectáreas

O incendio que se orixinou na parroquia de Candeda, no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, quedou estabilizado ás 7,15 horas deste luns.

O lume forestal, segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, iniciouse ás 19,25 horas deste domingo. As primeiras estimacións apuntan que a superficie afectada ascende a máis de 20 hectáreas.

No seu control participan seis axentes, 18 brigadas, dúas motobombas, unha pa e un helicóptero. A Consellería de Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Comentarios