EU, Iniciativa Cidadá de Mugardos e BNG apostan por "cambiar o rumbo" da xestión do goberno

Os tres partidos presentaron o pasado luns unha moción de censura contra o alcalde, o popular Juan Domingo de Deus
Miguel Ángel Bastida, concejal de Iniciativa Cidadá de Mugardos; Pilar Díaz Otero, de EU, y Argemiro Varela, del BNG, durante la rueda de prensa que han ofrecido este jueves en Ferrol
photo_camera Miguel Ángel Bastida, concejal de Iniciativa Cidadá de Mugardos; Pilar Díaz Otero, de EU, y Argemiro Varela, del BNG, durante la rueda de prensa que han ofrecido este jueves en Ferrol

Representantes dos tres partidos que o pasado luns presentaron unha moción de censura contra o Goberno do PP en Mugardos (A Coruña), que se fará efectiva o próximo 12 de agosto, aseguraron este xoves que buscarán "cambiar o rumbo" dunha xestión que é "un barco á deriva".

Esquerda Unida (EU), Iniciativa Cidadá de Mugardos (ICM) e BNG acordaron unha moción de censura contra o alcalde, Juan Domingo de Deus (PP), a partir da cal prevén formar un Goberno con oito dos trece edís que compoñen o pleno do municipio.

A que pode ser nova alcaldesa, Pilar Díaz Otero (EU), sinalou este xoves pola mañá, en conferencia de prensa en Ferrol, que o acordo de Goberno é "froito do diálogo, do traballo colaborativo e do consenso" das tres organizacións políticas.

"Cremos que o novo programa vai abrir unha nova etapa en Mugardos, pero sobre todo vai atender a vontade da maioría social da localidade", subliñou Díaz Otero, quen defendeu a moción como "un acto lexitimamente democrático e con cobertura legal".

A actual portavoz municipal de EU explicou que as tres forzas apostan pola "convivencia, a normalidade democrática, o diálogo e a construción en positivo", cuestións que serán a base dun goberno "único e cohesionado".

"O Goberno vai traballar de forma colaborativa, independentemente das áreas que leve cada un dos concelleiros, e igualmente de forma participativa, co conxunto de veciños e entidades", detallou.

EU terá tres representantes; ICM, outros tres, e o BNG, dous, cifras a partir das cales se distribuirán os diferentes cargos na nova Executiva, detallaron.

En Ferrol estivo tamén presente o nacionalista Argemiro Varela, quen criticou que agora teñan que traballar "moito e dun xeito acelerado", pois van atoparse "sen orzamentos" do presente ano e "con todo paralizado".

Pola súa banda, o concelleiro de ICM Miguel Ángel Bastida asegurou que foi "moi fácil chegar a un acordo programático", en relación a que as tres formacións parten de "bases que son moi parecidas".

Ao mesmo tempo que se estaba celebrando a conferencia de prensa no Ateneo Ferrolán, no exterior do consistorio de Mugardos concentráronse máis dun centenar de persoas en apoio do actual rexedor e do goberno do PP, formado por De Deus e outros tres edís.

Sobre esta manifestación, Díaz Otero sinalou que prefiren "non entrar nas provocacións do PP", pois as persoas que se reivindican "son tamén veciños" e o Goberno "será para todos", polo que non farán unha lista negra".

Comentarios