Díaz cre que o candidato "de consenso" á Xunta debe ser elixido "rápido" antes do 25 de xullo

EU di que os resultados de En Marea o 26-X "non eran os esperados" e que se "subestimou o PP"

A coordinadora da formación, Yolanda Díaz, aposta por un perfil "de consenso" como candidato das forzas de confluencia para as próximas eleccións autonómicas, que debería ser elixido "antes do 25 de xullo"
La coordinadora de EU, Yolanda Díaz
photo_camera La coordinadora de EU, Yolanda Díaz

A coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, recoñeceu que os resultados de En Marea nas eleccións xerais do pasado 26 de xuño "non eran os esperados" e cre que se "subestimou a dereita", que fixo unha campaña "silente" pero "moi eficaz".

A tamén deputada de En Marea pronunciouse deste xeito tras participar no Consello Político Nacional da súa formación, onde asegurou que estes comicios pecharon "o ciclo político iniciado nas eleccións europeas" cun "rearmamento profundo das forzas do réxime".

Con todo, aínda que recoñeceu que estes resultados dos comicios "non son os esperados" para En Marea, que perde 66.000 votos, considerouse que "son positivos" ao reflectir "un espazo político electoral moi consolidado" tanto en Galicia como no conxunto do Estado.

Por iso, deixou claro que "non vai haber ningún tipo de cuestionamiento dos espazos de confluencia" senón que "todo o contrario". "Queremos reforzalos como único camiño posible fronte a esa reagrupación da dereita", manifestou.

CAUSAS. Para a líder de Esquerda Unida este descenso de apoios a En Marea radica en "varios elementos". Así, en primeiro lugar considerou que se "subestimou" o PP que "é o único que gaña"; mentres que, en segundo lugar, na súa opinión, está a "desmovilización da xente".

Ante iso, e tras asegurar que non houbo un "transvasamento" de votos e que xente que apoiara a En Marea o 26-X non acudiu nestes últimos comicios ás urnas, apostou por "emprender un diálogo" con esas 66.000 persoas para saber que ocorreu. "É probable que haxa a percepción de que aínda non nos viron preparados para gobernar", considerou.

Comentarios