A Eurocámara pide medidas vinculantes para paliar a fenda salarial en Galicia

Insta a estudar medidas para a transparencia na fixación de soldos e a obrigación de cumprimento nos sectores público e privado
Una mujer trabaja delante del ordenador.PIXABAY (Kaboompics)
photo_camera Unha muller traballa diante do computador.PIXABAY (Kaboompics)

O Pleno do Parlamento Europeo pedíu este xoves que se poña en marcha na UE unha estratexia sobre a brecha salarial –que en Galicia é de casi 5.500 euros– que inclúa medidas vinculantes sobre transparencia salarial. 

Nunha resolución aprobada por 493 votos a favor, 82 en contra e 79 abstencións, a Eurocámara valora positivamente a intención da Comisión Europea de pór sobre a mesa esta cuestión e estableza medidas que axuden a corrixir a desigualdade existente entre homes e mulleres en materia salarial.

A resolución insta a estudar medidas para a transparencia na fixación de soldos e para a obrigación de cumprimento tanto para o sector público como no privado. Para iso, a política debe fixar obxectivos claros e establecer mecanismos de vixilancia. O executivo comunitario comprometeuse a presentar en marzo unha nova estratexia de Igualdade para o mes de marzo que inclúa medidas para atallar a brecha salarial.

A Eurocámara móstrase a favor de que se revise o plan de acción para a brecha salarial e que se establezan obxectivos concretos a nivel nacional cun prazo de cinco anos. Sobre as diferenzas que se rexistran a nivel de pensións, os eurodiputados reclaman medidas que axusten as cotizacións aos períodos dedicados a coidados, pensións mínimas adecuadas, prestacións de supervivencia e permisos familiares tamén para os homes.

PLANS DA COMISIÓN

Durante o debate parlamentario que tivo lugar hai unhas semanas, a comisaria de Igualdade, Helena Dalli, comprometeuse a presentar en marzo a súa nova estratexia e adiantou que o seu departamento traballará en prol da "transparencia salarial" e chegou a pór sobre a mesa medidas como ofrecer á traballadores información sobre a escala salarial ou requirir ás empresas que auditen ese tipo de información.

"A discriminación salarial foi demasiado lonxe. O principio de mesmo traballo mesmo soldo estivo nos tratados desde 1957, pero en Europa as mulleres seguen recibindo de media un 16% menos de soldo que os homes. é hora de atallar isto", recalcou a comisaria maltesa.

DATOS GALEGOS 

En concreto, segundo os últimos datos publicados por Instituto Nacional de Estadística (INE), en 2017 as mulleres galegas cobraron unha medida anual de 18.833 euros, por baixo dos 24.321 euros percibidos polos homes. 

Así, a brecha salarial en Galicia sitúase nos 5.488 euros e mantense en todos os sectores. Na industria, as traballadoras cobraron unha media anual de 20.667 euros, un total de 6.280 euros menos que os homes, que recibiron 26.947 euros. 

A diferenza no sector servizos lixeiramente inferior, ao situarse nos 5.163 euros que distan entre a media de 18.554 euros que cobran elas e os 23.717 que gañan eles.

O INE, que no caso da construción só publica o dato correspondente ao emprego masculino (21.982 euros), tamén reflicte que a brecha se mantén segundo o tipo de contrato. En concreto, as traballadoras con contrato indefinido cobraron unha media de 19.597, un total de 6.209 menos que os traballadores (25.806).

Pola súa banda, as mulleres con contrato temporal percibiron 15.676 euros, 2.248 menos que os homes, cuxo salario ascendeu a 15.676 euros ao ano.

Comentarios