Extinguidas as chamas en Nogueira de Ramuín tras arrasar máis de 150 ha.

Cen hectáreas son de monte raso e o resto, de arboledo. O lume orixinouse ao redor das dez da noite do martes e deuse por controlado o mércores pola mañá

A Consellería de Medio Rural e Mar informou de que o incendio rexistrado no concello de Nogueira de Ramuín, Ourense, concretamente na parroquia homónima, quedou extinguido ás 20:21 horas deste mércores e arrasou 153 hectáreas. Levaba controlado desde media mañá desta mesma xornada.

O lume, que se iniciou ás dez da noite do martes, afectou a esta superficie provisional, informa o último parte da Xunta, e do total, cen hectáreas son de monte raso e o resto arboledo.

Nos traballos de extinción participaron oito axentes forestais, 29 brigadas, 16 motobombas, dúas pas e tres helicópteros.

Comentarios