Extinguido o incendio na Pobra tras queimar máis de 47 hectáreas

Da superficie calcinada, 40 hectáreas son de monte arboredo e o resto, monte raso
Incendio en A Pobra do Caramiñal. TWITTER
photo_camera Incendio na Pobra do Caramiñal. TWITTER

O incendio forestal rexistrado no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na parroquia de Lesón, quedou extinguido ás 13.26 horas deste domingo tras queimar 47,29 hectáreas, informou a Consellería de Medio Rural. 

Da superficie calcinada, 40 hectáreas corresponden a monte arboredo e as 7,29 restantes a monte raso. O lume iniciouse ás 3.38 horas deste sábado, polo que todo indica que foi intencionado, apunta a mesma fonte. 

Para a súa extinción mobilizáronse en total 7 axentes, 19 brigadas, 8 motobombas, 1 pá, 4 avións e 7 helicópteros.

A Consellería de Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Comentarios