Falece Afonso Balseiro, alcalde de Mañón, aos 74 anos

O rexedor levaba 34 anos no cargo
Alfonso Balseiro. EFE
photo_camera Afonso Balseiro. EFE

O alcalde de Mañón, Alfonso Balseiro (PP), faleceu este sábado, 6 de febreiro, aos 74 anos, tras unha longa enfermidade

O rexedor popular levaba á fronte deste municipio da comarca do Ortegal 34 anos, o que o converte na persoa máis antiga neste cargo en todo o norte da provincia da Coruña. 

Traballador autónomo, tiña un fillo. Ademais de ser alcalde de Mañón sempre con maioría absoluta, tamén foi deputado provincial entre os anos 2007 e 2011. 

Tras coñecerse o seu falecemento, mensaxes nas redes sociais han recordado a súa persoa e destacaron a proximidade aos veciños deste municipio limítrofe coa provincia de Lugo. 

Comentarios