viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

Falece o piloto de rallys Jesús Cebeiro nun accidente de tráfico

O piloto galego de rallys Jesús Cebeiro Nieves, de 34 anos, faleceu esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Vedra. Trátase do cuarto sinistro mortal de tráfico en Galicia en tan só catro días.

O accidente tivo lugar ao redor das 7.00 horas da mañá, á altura do quilómetro 324 da estrada N-525 ao seu paso por Vedra. O vehículo no que viaxaba saíuse da vía e chocou contra un noiro. A Garda Civil de Tráfico apuntou como causa do accidente que o vehículo circulaba a máis velocidade da permitida.

Unha ambulancia medicalizada do 061 desprazouse ata o lugar dos feitos, pero unicamente puido certificar o falecemento do condutor do vehículo sinistrado. Cebeiro, natural de Santiago, era piloto do Motor Club Compostela. O funeral e enterro terá lugar mañá luns, ás 4:30 da tarde, na igrexa parroquial de Santa María de Marrozos.

Falece o piloto de rallys Jesús Cebeiro nun accidente de tráfico
comentarios