Morre no hospital a moza rescatada onte en Cambados

Unha moza faleceu hoxe no Hospital Clínico de Santiago por mor dos danos sufridos cando estivo a piques de afogarse nunha praia do municipio pontevedrés de Cambados.

A moza faleceu no centro sanitario compostelán debido aos graves danos cerebrais sufridos, informaron a Efe fontes sanitarias.

O suceso produciuse na tarde de onte nunha praia do municipio de Cambados.

A moza, de 19 anos, atopábase en compañía da súa curmá coa que se bañaba cando foi arrastrada pola corrente.

Nun primeiro momento foi rescatada por un home que se atopaba na praia e atendida por persoal de Protección Civil. A continuación foi trasladada en helicóptero ao Hospital Clínico compostelán, onde faleceu hoxe.

Comentarios