Perde a vida ao sufrir un accidente laboral en Carballeda de Valdeorras

O sinistro rexistrouse en torno ao mediodía do sábado nunha nave da zona das Barreiras da localidade ourensá

Minutos despois do mediodía deste sábado un mozo traballador perdía a vida nunha nave da zona coñecida como As Barreiras dentro do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras.

En concreto, o operario, de 31 anos e iniciais A. V. A., natural do Bierzo e que traballaba para unha pizarrería do Barco, sufriu un accidente polo que se deu aviso aos equipos de urxencias sanitarias de Galicia ás 12.09 horas desta xornada.

Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencias e un helicóptero do 061, pero nada lograron facer por salvar a vida da vítima.





Comentarios