Falece un home de 40 anos ao saírse da vía en Marín

Un home de 40 anos, de iniciais J.L.M, faleceu esta tarde en Marín tras sufrir unha saída de vía e chocar contra un muro na zona do matadoiro, informaron a Efe fontes presenciais.

O suceso ocorreu pasadas as 16,30 horas na estrada que une a localidade con Bueu, na parroquia de Mogor, na zona do matadoiro, onde hai unha curva moi pronunciada.

Por causas que se están investigando, o vehículo no que viaxaba a persoa falecida, sufriu unha saída de vía nunha curva moi pronunciada e chocou contra o muro das instalacións do antigo matadoiro.

Ao lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional, da Policía Local, da Garda Civil e unha ambulancia medicalizada do servizo de Urxencias 061.

Comentarios