A falta de aparcadoiro gratuíto nos hospitais, un problema nas cidades

Aparcar para ir á médico causa á metade dos galegos case tanta preocupación pola carteira como pola saúde

Abel Caballero,en la inauguración de un párking con 400 plazas frente al Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. EFE
photo_camera Abel Caballero,na inauguración dun aparcadoiro con 400 prazas fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. EFE

O aparcadoiro é un mal conxénito nos hospitais das cidades galegas que causa aos pacientes case tanta preocupación pola súa carteira como pola súa saúde. E é que os arquitectos que deseñaron os complexos sanitarios das sete urbes relegaron os espazos para estacionar a un segundo plano, reservando a tal fin unicamente os arredores do edificio, de xeito evidente insuficientes. Por iso xurdiron os aparcadoiros privados, con tarifas prohibitivas, mentres que os leirapárkings brotaron como cogomelos nesta época do ano. Pero nin así chegan para paliar unha demanda de miles de usuarios ao día que poden dar fé de que a sanidade é gratuíta, pero o camiño cara a ela non.

Así as cousas, un transo xa de seu pouco agradable como ir ao hospital convértese nunha quimera para a metade dos galegos —os que viven nas cidades e a súa área metropolitana—. A non ser que cheguen antes de que salga o sol, cando aínda hai prazas gratis libres, deberán rascarse o peto, a propósito de que as esperas no hospital poden alargarse horas e horas. E en moitas ocasións terán que facer unha camiñada ata chegar ao edificio, un escollo para aqueles con problemas de mobilidade. Para os que poden acceder polo seu propio pé e os que van de visita o transporte público convértese na opción máis recomendable. O problema é que as liñas de autobús non pasan con toda a frecuencia que deberían.

O diagnóstico xeral non é bo, aínda que cada cidade presenta unha radiografía distinta.

O parche do Concello en Vigo
Que a punta de lanza do Sergas, o Cunqueiro, inaugurado en 2015 e que dá servizo a 600.000 galegos, poida acoller só 4.000 coches, mostra que o aparcadoiro segue sen importar ao deseñar un hospital. O polémico aparcadoiro de 400 prazas que inaugurou o Concello, pensado só para os vigueses, parece máis un parche que unha solución.

Ollo coas multas na Coruña
Na urbe herculina foi moi criticada a Policía Local polo seu severo control nos accesos ao Materno Infantil, traducido en cuantiosas sancións. Denunciaban os multados que non tiñan outra alternativa que aparcar mal para atender  a súa saúde. No Canalejo tamén é unha utopía atopar sitio, polo que o bus e taxi antóllanse opcións case obrigadas na Coruña.

Ourense: prazas a prezo de ouro
A das Burgas é a cidade galega onde máis papeletas hai de atopar unha praza libre, aínda que a prezo de ouro: deixar o coche todo o día rolda os 15 euros. Está proxectada unha ampliación do aparcadoiro en 100 prazas e unha baixada das tarifas.

Lugo: solución leirapárking
Coches esparexidos por beirarrúas, céspede e a propia vía compoñen a foto fixa de cada mañá no Hula, onde non chegan nin de lonxe as 636 prazas públicas de pago e as 200 dun garaxe privado. Hai chairas próximas, pero pagar aos gorrillas pode saír máis caro. Está por ver se o Concello mitiga o descontrol co leirapárking de 363 prazas gratis que acaba de habilitar.

Misión imposible en Santiago
Ao Chus ou se chega aínda de noite ou é imposible aparcar, nin sequera pagando. O problema é tan grave que foi abordado recentemente entre o alcalde e o presidente da Xunta, pero sen solucións á vista. Algúns arriscan a deixar o coche en dobre fila, pois é vox populi que entre as once e as dúas, horas pico, o guindastre fai a vista gorda.

Pontevedra, á espera
A cidade do Lérez vive a expensas  de que se concrete o proxecto do novo Montecelo, que leva aparellado a construción dun gran aparcadoiro subterráneo que ía ser, en principio, gratuíto, aínda que agora xa non está tan claro. Haberá que esperar a 2020 para sabelo. Polo momento, os pontevedreses llas ingenian como poden para estacionar cerca do hospital, moitas veces infrinxindo a legalidade.

Ferrol rompe a regra
Na urbe naval ocorre algo similar a Ourense. No interior do hospital Arquitecto Marcide, que será obxecto dun proceso de ampliación similar ao de Pontevedra, hai un aparcadoiro que case sempre dispón de prazas libres. Iso si, o ticket fará que máis dun experimente síntomas de mareo e expóñase volver a xunto o médico.

Medidas disuasorias: barreiras nalgún centro comercial
A falta de aparcadoiro nos hospitais levou aos usuarios a ocupar prazas en centros comerciais próximos, incluso pagando por iso. A maioría desas superficies abriron a posteriori dos hospitais, polo que desde o principio viron os seus aparcadoiros desbordados e decatáronse de que moitos deses condutores non se dirixían ás súas instalacións.

A resposta foi fixar as prazas para uso exclusivo de clientes, avisando mediante grandes carteis que as barreiras non se abrirán salvo que se presente o ticket de compra. é o que ocorre en Santiago ou A Coruña.

Zonas secretas. Os usuarios máis avezados saben de zonas escondidas onde achar aparcadoiro, como O Banco do Pobre, a tiro de pedra do Chus.

 

Aparcacoches ilícitos: os gorrillas seguen sen atopar freo
É un problema exclusivo de Lugo. Quen —por intentar aforrar ou ao non atopar sitio no aparcadoiro— optan por deixar o coche en escampados próximos han de saber que esas chairas teñen dono: os gorrillas.

A presenza destes aparcacoches ilegais non é nova, pois se remonta décadas atrás, como tampouco o son os seus métodos: axudan mediante indicacións aos automobilistas a aparcar para logo cominarlles a que lles deixen propina. A maioría acceden por medo a danos nos seus vehículos.

"Como a mafia". Unha usuaria do Hula quéixase de que algún che pide 5 euros polas malas. Parecen a mafia". A Policía conségueo controlalos.

Comentarios