Feijóo, Conde, Calvo e Díaz lideran as listas provinciais do Partido Popular

O presidente do PPdeG desvela os cabezas de lista dos populares para as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro
Conde, Rueda, Feijóo, Díaz y Calvo
photo_camera Conde, Rueda, Feijóo, Díaz y Calvo

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, desvelou os nomes da cabeza de lista dos populares galegos polas catro provincias para as eleccións do 25 de setembro. Diego Calvo liderará a da Coruña, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a de Lugo, a actual delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, farao pola candidatura ourensá; mentres que o propio Feijóo será o número un por Pontevedra seguido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Nunha comparecencia celebrada este mércores en Santiago, Feijóo resaltou a "renovación" das candidaturas provinciais do PPdeG, xa que todos "debutan" como cabezas de lista. Así mesmo, o presidente galego indicou que, a diferenza doutros partidos, as listas provinciais elaboráronse "sen sobresaltos" nin "pelexas" internas. "Non encabezaría nunca unha candidatura nun partido con pelexas", remarcou Feijóo.

Comentarios