Feijóo, convencido de que "en xullo ou agosto" será posible non usar a máscara en exteriores 

O presidente galego avoga por seguir "coa prudencia que aconsella a situación"
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo. EUROPA PRESS
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. EUROPA PRESS

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse "convencido de que alá polo mes de xullo, agosto" será posible deixar de utilizar a máscara contra a pandemia de coronavirus en exteriores. 

"Se todos seguimos durante as próximas seis, oito semanas coa prudencia que aconsella a situación, estou convencido de que alá polo mes de xullo, agosto empezaremos outra vez a pór cara a todas as persoas que imos pola rúa", apuntou, ao termo dun acto en Santiago. 

Ao final da súa intervención, e nun ton informal, Núñez Feijóo precisou que, na súa opinión, "en lugares pechados non será posible", pero apuntou ao desexo de ir "mudando a máscara pola cara" en exteriores e o seu convencemento de que "en seis, oito semanas" poderase facer de seguir "a prudencia que aconsella a situación". 

En concreto, díxoo na clausura da presentación dun proxecto de intelixencia artificial para incorporar ao idioma galego no mundo dixital de asistentes de voz, correctores, tradutores automáticos e procesadores de texto, entre outras ferramentas. 

Comentarios