O presidente da Xunta e candidato polo PP á reelección, Alberto Núñez Feijóo, mostrou este venres a súa convicción de que despois do luns os eventuais brotes da pandemia en Galicia non van ser continuamente noticia nacional como si está a ocorrer agora tendo en conta que a coalición En Común-Anova Mareas e Marea Galeguista anunciaron que chegarán ao Tribunal Supremo pola decisión de permitir a votación o domingo na Mariña.
Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Feijóo criticou que se lle "intente meter medo á xente" para que non vaian depositar a súa papeleta, aínda que é coñecedor, dixo, de que "aos galegos, normalmente, non se lles engana facilmente".
"Teño o pálpito de que os galegos non se van a deixar enganar", remarcou, e confesou que, se hai unha participación "normal", esperará o resultado con "normalidade" e tamén "con esperanza". "¿Por que non dicilo?", deslizou.
Prometeu orzamentos en tempo e forma, mostrouse "optimista" co rural e cargou contra unha "política enerxética que está amolando" porque, ao seu xuízo, non se lle pode chamar "crise industrial" á desaparición da central térmica de Meirama e ao intento de "estrangular" ás Pontes, como tampouco confundir con Alcoa de San Cibrao, cando o que está a pasar é que a formulación do Goberno de Pedro Sánchez "é ideolóxico".
Sobre o seu futuro, e un hipotético salto ao escenario nacional, aludiu a que Galicia é o seu berce. "A miña terra, a terra onde nacín, onde me criei, e onde quero vivir".
"Examínome o domingo"