Feijoo pídelle á Xunta ''que non presuma do que non fai''

(Foto de archivo: AGN)
photo_camera (Foto de archivo: AGN)

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediulle ao goberno "que non siga presumindo do que non fai, que é garantir os dereitos sociais".

Na Festa do Cogomelo de Curtis, o líder dos populares galegos arremeteu contra o bipartito unha vez máis. E deulle onde máis lle doe: na Lei de Dependencia.

60 millóns máis
Feijoo pediu que un tema "tan delicado" como a dependencia, que afecta a uns 34.000 galegos, sexa tratado "con eficacia e sensibilidade". Isto significa, a xuízo do popular, "que as prestacións sexan reais e non mera propaganda".

"Na Lei de Dependencia, a Xunta quedouse no 'vou facer', e nós queremos que a xente cobre", afirmou Feijoo. 

O popular anunciou que o seu partido presentou varias emendas no Congreso en busca dun maior financiamento, e que suporían 60 millóns máis destinados aos dependentes galegos no 2009.

Comentarios