Feijóo rexeita "discutir" sobre o vídeo no que Hernández tira lixo ao Sar

O presidente da Xunta xustifica ao exconselleiro: "Quería pór de manifesto que no río se verte sen depurar"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou a decisión do portavoz do PP de Santiago, Agustín Hernández, de desprazarse a pé de río na pasada xornada para "pór de manifesto que no Sar vértese sen depurar e iso leva responsabilidades", á vez que rexeitou "discutir sobre vídeos". 


Así se manifestou o mandatario autonómico despois de que na pasada xornada circulase un vídeo desta visita do exalcalde e también exconselleiro de Medio Ambiente no que se ve cómo recolle residuos que estaban na marxe do río, para mostrar a contaminación, antes de volver tiralos á auga, o que o converteu en obxecto de críticas. 


Tras o Consello da Xunta, Feijóo asegurou que él non viu o vídeo pero incidiu na idea que, ao seu xuízo, quería lanzar o portavoz do PP local: que no Sar vértese sen depurar e que isto pode levar responsabilidades e multas.


"Ou Santiago ten depuradora ou non a ten. Neste momento, andar xogando con que caduque a declaración de impacto ambiental e con que perdamos os fondos europeos para a depuradora sería de unha irresponsabilidade inédita", advertiu, antes de subliñar que, na última reunión coa ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, abordou este asunto. 

Comentarios