Feijóo urxe ao Goberno a lograr un acordo para acceder aos fondos europeos

"O que sabemos neste momento é que non sabemos nada", afirmou o máximo mandatario galego
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante la rueda de prensa posterior a la reunión del Consello. XOÁN REY (EFE)
photo_camera El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo. XOÁN REY (EFE)

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, instou ao Goberno central a aclarar "ou remitir" ás comunidades o acordo asinado coas autoridades europeas para acceder aos fondos Next Generation.

"O que sabemos neste momento é que non sabemos nada", afirmou o máximo mandatario galego na sesión de control deste mércores no Parlamento galego, na que sinalou que "o problema máis importante que está a ocorrer en España" é o incremento de prezos.

Neste sentido, o presidente da Xunta pediu o respaldo da oposición aos orzamentos elaborados polo seu Goberno para 2022 e que contemplan, dixo, "unha baixada de impostos generalizada a todos os galegos para que poidan soportar" o incremento de prezos que afecta a todos os sectores. 

Comentarios