domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Feijóo ve "un disparate" que o Goberno central negue axudas a Concellos por pedilas en galego

A xuízo do presidente da Xunta, non se pode denegar unha subvención, se se cumpren os requisitos, porque a solicitude se formule "nunha lingua propia de España"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou que o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (Idae), que depende do Ministerio de Industria, denegue axudas aos Concellos de Santiago e Teo, na Coruña, por achegar documentos en galego. Ao seu xuízo, trátase dun "erro" ou dun "disparate".

Preguntado sobre este asunto tras o Consello da Xunta, Feijóo asegurou que oficialmente non ten "constancia" de ningún problema, posto que ningún dos dous concellos "acudiron" ou proporcionaron "información directa ou indirecta" ao Executivo autonómico en relación a esta situación, aínda que advertiu que a segue con atención a través dos medios.

Dito isto, subliñou que, ou ben se está ante "un erro" da persoa que tramitou o expediente ou "ante un disparate", xa que, ao seu xuízo, non se pode denegar unha subvención, se se cumpren os requisitos, porque a solicitude se formule "nunha lingua propia de España".

DEBE "CORRIXIRSE". "Se hai algo que non se entende, o lóxico é pedir unha aclaración, pero se o concello o quere tramitar todo en galego non pode ser criterio de exclusión de ningunha axuda. A lingua non pode ser un motivo de exclusión", advertiu.

Así as cousas, advertiu que, tanto se se trata dun "erro" como dunha "decisión equivocada", debería "corrixirse".

Feijóo ve "un disparate" que o Goberno central negue axudas a...
comentarios
ç