Felipe VI estará na viaxe inaugural do Ave a Galicia o vindeiro luns

O martes comezarán as viaxes comerciais
Un tren Ave. RENFE
photo_camera Un tren Ave. RENFE

O luns 20 de decembro o Ave realizará a súa primeira viaxe oficial entre Madrid e Galicia. No traxecto estarán presentes o rei Felipe VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Outras autoridades políticas, como Yolanda Díaz, tamén participarán no evento.

O tren sairá ao redor das 10.00 horas da estación madrileña de Chamartín e chegará pasadas as 12.30 horas a Ourense. Fará paradas en Zamora e na estación Porta de Galicia, na Gudiña.

As viaxes comerciais iniciaranse ao día seguinte, o martes 21 de decembro. Contará con dous servizos diarios con destino á capital desde Ourense e outros de regreso, e un tempo de viaxe de 2.15 horas.

Comentarios