Rescatada unha muller por unha ferida nun nocello mentres realizaba sendeirismo en Malpica

Percorría o Camiño dos Faros cando sufriu un contratempo e tivo que recibir asistencia sanitaria
Oficinas del 112 en Santiago. DP
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago. DP

A muller que percorría a senda Camiño dos Faros, en Malpica, atopábase en Punta Ensubelas, nun lugar de difícil acceso, segundo indicou a persoa que chamou ao 112 para pedir axuda.

Sobre as 15:15 horas desta tarde, unha persoa particular solicitaba asistencia sanitaria ao 112 para unha muller que non se podía mover. Indicaba que se atopaban na Costa da Morte, facendo a ruta do Camiño dos Faros, nun lugar onde só se pode acceder por terra e por aire.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos membros do GES de Ponteceso. De igual xeito, informaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén os Bombeiros de Carballo foron avisados por se fose precisa a súa intervención.

Finalmente, a muller, puido chegar ata o punto onde a esperaba unha ambulancia para ser trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios