Un operario resultou ferido de consideración esta tarde logo de caerse dunha altura duns tres metros nunha gasolineira no Polígono Industrial de Muros, informou o 112 Galicia.
Os feitos ocorreron ás 16.00 horas, cando os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron un helicóptero medicalizadou ata unha zona próxima ao lugar dos feitos.
Así, os servizos sanitarios trasladaron ao operario ferido ao centro hospitalario de referencia e solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do GES de Muros.