Ferido grave un nonaxenario tras producirse un incendio na súa vivenda en Bande

O incidente puido producirse por culpa dun calefactor
Oficinas del 112 en Santiago. DP
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago

Un home de avanzada idade tivo que ser trasladado este venres a un centro hospitalario tras sufrir queimaduras por case todo o corpo por mor dun incendio rexistrado na súa vivenda, situada no concello ourensán de Bande.

Foron os profesionais sanitarios quen, ao fío das 16:30 horas da tarde chamaron ao 112 Galicia para informar do ocorrido. Durante a comunicación cos xestores do Centro integrado de Atención ás Urxencias de Galicia, indicaron que recibiron unha alerta dunha persoa particular que solicitaba axuda médica urxente para un señor que sufrira diversas queimaduras por culpa un lume rexistrado no seu inmoble na Rúa San Roque, en Bande.

Nada máis ter constancia, desde o 112 pasouse aviso aos membros do GES de Muíños, aos axentes da Garda Civil e ao equipo de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención comprobaron que as lapas xa estaban extinguidas e comunicaron que o incidente puido producirse por culpa dun calefactor.

Comentarios