Gadis colabora co equipo paralímpico español, que disputará os Xogos de Tokio o 24 de agosto

"Son un exemplo de superación, esforzo e traballo en equipo para toda a sociedade, valores que compartimos e aplaudimos desde o supermercado"
Competidores paralímpicos. GADIS
photo_camera Competidores paralímpicos. GADIS

Supermercados Gadis colabora, desde 2007, co Plan ADO Paralímpico (ADOP), segundo informa. Por iso anima aos 141 integrantes do equipo paralímpico español, que disputarán os Xogos de Tokio entre o 24 de agosto e o 5 de setembro. 

Desde fai 14 anos, a empresa colabora co Plan ADO Paralímpico (ADOP), que permite aos deportistas con diferentes capacidades dispor de bolsas para asistir a un maior número de concentracións e competicións internacionais, contar con técnicos, persoal de apoio, material deportivo específico ou servizos médicos, entre outros. 

Desde fai 14 anos, a empresa colabora co Plan ADO Paralímpico (ADOP)

"Son un exemplo de superación, esforzo e traballo en equipo para toda a sociedade, valores que compartimos e aplaudimos desde Gadis", sostén Antonio Cortés Lobato, director de Responsabilidade Social Corporativa

O patrocinio do Plan ADO Paralímpico desde o ano 2007 contribuíu, sinala, á participación do equipo nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008, Londres 2012, Río de Janeiro 2016 e agora Tokio 2021

Comentarios