Gadisa creceu un 2,6% en 2010 cunha facturación de 911,82 millóns

A empresa galega de distribución Gadisa mantivo o pasado ano o seu ritmo de crecemento cun incremento da súa cifra de negocio do 2,6%, tras facturar 911,82 millóns de euros.

A compañía informou este sábado de que o pasado ano destinou 19,93 millóns de euros a investimentos, principalmente á apertura de novos puntos de venda e á ampliación e modernización de establecementos en Galicia e Castela e León.

Así mesmo, xerou 135 novos postos de traballo, cun persoal composto por un total de 6.138 traballadores.

Actualmente, Gadisa, compañía líder no sector da distribución no noroeste peninsular, constrúe en Medina del Campo un novo centro loxístico no que investirá 50 millóns de euros.

Comentarios