A galega Isabel Pardo de Beira, nova secretaria de Estado de Transportes

A actual presidenta de Adif substituirá a Pedro Saura no cargo
Isabel Pardo de Vera. SEBAS SENANDE
photo_camera Isabel Pardo de Vera. SEBAS SENANDE

A actual presidenta de Adif, a lucense Isabel Pardo de Vera, será a nova secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en substitución de Pedro Saura, segundo confirmaron fontes de Adif. 

Este cambio prodúcese apenas uns días despois da substitución acaecida no liderado do ministerio, coa substitución do ministro José Luís Ábalos por Raquel Sánchez, quen agora terá como 'man dereita' á presidenta de Adif. 

Nacida en Lugo en 1975, é enxeñeira de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña, ademais de completar a súa formación en programas de desenvolvemento directivo en escolas de negocios e xestión de infraestruturas. 

Tras traballar no sector privado da enxeñería e consultoría de proxectos de infraestruturas ferroviarias e de estradas, ingresou en Adif a través da Oferta de Emprego Público no ano 2007. Ata 2015, desempeñou postos sucesivos de Dirección de Obra e xefa de Infraestrutura e xerente de Área na construción da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Ao termo dese ano, solicitou unha excedencia en Adif e pasou a ser directora de Mobilidade e Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. 

En xuño do ano 2016 reincorporouse ao ente ferroviario, compatibilizando o cargo de directora xeral de Explotación e Construción de Adif co de directora xeral de Adif Alta Velocidade, cargos que desempeñou ata a actualidade. 

Comentarios