martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Galicia despide o ano con sol e mínimas moi baixas

Espectacular solpor en Portosín este domingo. LAVANDEIRA JR (EFE)
Espectacular solpor en Portosín este domingo. LAVANDEIRA JR (EFE)

Al temperaturas máximas alcanzarán valores elevados en Pontevedra, Vigo e Ferrol

A última xornada do ano terá novamente como protagonista ao anticiclón de bloqueo, localizado ao sur das Illas Británicas, que impide a chegada do aire frío do continente e das borrascas do Atlántico. Desta forma, o 31 de decembro os ceos estarán moi abertos, con néboas á primeira hora en puntos de val do interior e algunhas nubes altas ao longo do día, pero sen maiores consecuencias. 

Así o avanza a predición de Meteogalicia, que recolle que os ventos soprarán frouxos do leste, algo máis intensos por momentos no extremo norte da Comunidade. 

En canto ás temperaturas non terán cambios significativos, con xeadas en moitos puntos e con valores mínimos que baixarán nalgúns casos dos cero graos. 

Entre as principais cidades galegas, as mínimas oscilarán entre os 2 graos baixo cero en Lugo e os 8 en Vigo. As máximas alcanzarán valores elevados, con 17 graos en Ferrol, 18 en Vigo ou até 20 en Pontevedra. 

Captura

Galicia despide o ano con sol e mínimas moi baixas
comentarios
ç