jueves. 27.02.2020 |
El tiempo
jueves. 27.02.2020
El tiempo

Feijóo confirma que recorrerá á vía xudicial para esixir o pago de 200 millóns do Ive

Feijóo, durante un pleno do Parlamento. ARQUIVO
Feijóo, durante un pleno do Parlamento. ARQUIVO
"Esgotado o diálogo institucional, seguiremos esgotando todas as vías para defender a Galicia", dixo o presidente da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a primeira sesión de control do ano 2020 no Parlamento para realizar dous anuncios que, a pesar de que eran un segredo a voces, non tiñan o compoñente de oficialidade que si lles deu este mércores o líder do PPdeG no Hórreo. Por unha banda, confirmou que o paritorio de Verín abrirá a próxima semana en plenas condicións tras incorporar o Sergas aos pediatras necesarios. E polo outro, deu a entender que a Xunta acudirá finalmente aos tribunais para reclamar os 200 millóns do Ive ao Ministerio de Facenda e emendar o "furto institucional" na liquidación da última mensualidade do Ive do ano 2017.

Núñez Feijóo declarou que está disposto a seguir "esgotando todas as posibilidades no ámbito xudicial e legal para seguir defendendo os intereses dos galegos" nesta causa, apenas un día despois de que a ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, chamase á reflexión e pedise non alentar este debate en termos de "España róubanos ou o Goberno róubanos", propios —indicou— de forzas independentistas. "Fixen todo o que podía para intentar negociar e entenderme co Goberno central que vostedes apoian e eu non", manifestou o presidente galego durante a súa resposta a unha pregunta do BNG acerca das rectificacións das súas políticas, na que censurou que o pacto asinado co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez non inclúa alusión algunha a este tema. 

"Esgotado o diálogo institucional, seguiremos esgotando todas as vías para defender a Galicia no ámbito xudicial, esgotaremos todas as posibilidades legais", sentenciou Feijóo, despois de que, no marco da sesión de control, a portavoz do BNG Olalla Rodil o instase a ir aos tribunais. 

Feijóo confirma que recorrerá á vía xudicial para esixir o pago de...
Comentarios