Galicia recibe este luns 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna

Sanidade comunicou que esta semana continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos e de colectivos profesionais e persoas de profesións consideradas esenciais ata os 65 anos
Una enfermera prepara una dosis de la vacuna de Pfizer. GUILLAUME HORCAJUELO (EFE)
photo_camera Unha enfermeira prepara unha dose da vacina de Pfizer. GUILLAUME HORCAJUELO (EFE)

A Xunta de Galicia recibiu este luns un total de 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna, pero ningunha da de AstraZeneca, segundo informou a Consellería de Sanidade.

En concreto, indicou Sanidade nun comunicado, esta semana continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos e de colectivos profesionais e persoas de profesións consideradas esenciais ata os 65 anos de idade.

Ademais, por parte da Consellería de Sanidade ratificouse que a comunidade galega continuará tamén coa administración de dose a grandes dependentes.

Comentarios