Galicia rexistra case tres mil raios nunha xornada de intensa tormenta

O 112 contabiliza case un centenar de incidencias provocadas polo fenómeno meteorolóxico

Lluvia intensa en Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Choiva intensa en Pontevedra. RAFA FARIÑA

En menos de 24 horas, os galegos cambiaron a antuca polo paraugas. Unha nova tromba de auga arrasou as catro provincias galegas, deixando ao seu paso caída de árbores, tormentas de saraiba, inundacións e preto de 3.000 raios. Sen apenas recuperarse das intensas choivas rexistradas o luns pasado, as precipitacións regresaron este sábado alagando as rúas.

Unha vez máis, as provincias de Lugo e Ourense foron as máis afectadas pola climatoloxía. As estradas dos municipios lucenses de Chantada, Baralla, Cervantes e Pedrafita estiveron alagadas durante toda a tarde e un forte granizada sobre as 17.00 horas causou incidentes, aínda que non se tiveron que lamentar danos persoais. A auga tamén entrou en varias vivendas e baixos comerciais.

Onde se se lamentaron danos foi en Quiroga e Monforte. Neste último, os continuos raios partiron algunhas árbores.

Tamén en Allariz (Ourense), a un coche que ía circulando caeu encima un pedazo de formigón da galería dunha vivenda sen que ninguén resultase ferido. Na propia capital, as fortes tormentas provocaron unha focha nunha céntrica rúa.

A peor parte na provincia de Pontevedra foi para o Concello de Lalín con (3) incidentes

INCIDENCIAS. Un total de 93 incidentes relacionados coa alerta de nivel laranxa por tormentas decretada durante a tarde deste sábado para as provincias de Ourense e Lugo e de nivel amarelo para as provincias de Coruña e Pontevedra, foron as contabilizadas no 112 Galicia, entre as 14:00 e as 20:00 horas.

Por provincias, a de Ourense foi a mais afectada, cun total de (49) incidentes contabilizados, seguida da de Lugo con (26) incidentes, Pontevedra con (13), Coruña con (4) e, para rematar, (1) incidente rexistrado noutras Comunidades.

Na provincia de Ourense, o Concello de Ourense resultou ser un dos mais afectados con (10) incidentes rexistrados, con (6) o de San Cristovo de Cea e, entre outros, o de Manzaneda con (4) incidentes contabilizados.

Na provincia de Lugo, a peor parte foi para o Concello de Chantada con (8) incidentes e (3) para o de Monforte de Lemos con (5) incidentes. En Pontevedra, (5) foron o concello de Lalín e (3) para o de Dozón.

Para rematar, na provincia da Coruña, os concellos de Cabana de Bergantiños, o de Carral e o do Pino con (1) incidente rexistrado en cada un deles.

Comentarios