Galicia suma outros catro falecidos con covid nas últimas horas

As vítimas morreron en Monforte, A Coruña e Vigo
Una sanitaria en la Uci en un hospital. EFE
photo_camera Una sanitaria en la Uci en un hospital. EFE

A Consellería de Sanidade comunicou catro novos falecidos con coronavirus en Galicia nas últimas horas. O total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 2.897 na comunidade galega. 

Segundo indica Sanidade, estas catro persoas contaban con patoloxías previas. Entre eles só hai unha muller, de 92 anos, que feneceu no Chuvi de Vigo. Outros dous defuntos perderon a vida no Chuac da Coruña. Son dous homes de 74 e 90 anos.

O terceiro dos óbitos produciuse na provincia de Lugo. Trátase dun home de 95 anos que se atopaba ingresado no hospital de Monforte e que dera positivo en covid-19. 

O Sergas confirmou este mesmo martes pola mañá doce decesos de persoas con covid-19 en Galicia, ningún deles en Pontevedra e O Salnés.

BALANCE. Os casos activos de covid-19 baixan por cuarto día consecutivo no área de Pontevedra-O Salnés. Segundo os datos facilitados este martes polo Sergas, actualizados ata as 18.00 horas do luns, hai 7.920 pacientes co virus, 588 menos que a xornada previa. Este novo descenso é consecuencia doutro aluvión de altas, 1.130 en 24 horas, unha cifra que contrarresta os 542 contaxios diarios. E é que os positivos confirmados en 24 horas seguen por encima do medio milleiro.

Na área sanitaria hai case 100 pacientes hospitalizados con covid. Son 98 concretamente, dous máis que un día antes. Deles, sete mantéñense na Uci de Montecelo e o resto, 91, evolucionan en planta. No Chup están 77 (2), mentres que no Hospital do Salnés continúan 12 e no QuirónSalud, dous. 

Desde o inicio da pandemia curáronse 37.631 pacientes (1.130 máis que nun día antes) e faleceron por este virus na área sanitaria 240 pacientes.

Comentarios