viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

A gastronomía, un "atractivo máis para camiñar a Galicia"

Presentación de la campaña Écociña no Camiño. XUNTA
Presentación de la campaña Écociña no Camiño. XUNTA
Alfonso Rueda cre que esta campaña conseguiu o obxectivo de que o Camiño se converta tamén nunha experiencia gastronómica para o peregrino"

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou este luns no acto central da iniciativa 'Écociña no Camiño', durante o cal incidiu no papel da gastronomía galega como "un atractivo máis para camiñar a Galicia" no segundo ano do Xacobeo 2021-2022. 

Esta campaña, segundo informa o Goberno galego, desenvolveuse durante o segundo semestre do ano a través dun estudo da situación da hostalería no Camiño de Santiago, un rastrexo de recursos gastronómicos e un labor de sensibilización sobre a sustentabilidade aos hostaleiros situados nas diferente rutas xacobeas. 

A isto seguiu a presentación a profesionais e medios especializados de menús autóctonos elaborados con produtos de proximidade en diferentes puntos dos camiños, con demostracións nas prazas de abastos e coa asistencia a xornadas e feiras especializadas. Todo iso co obxectivo de dar a coñecer a oferta gastronómica da zona. 

Durante o acto central, celebrado este luns en Vigo, Alfonso Rueda fixo un balance positivo desta campaña porque, ao seu modo de ver, conseguiu o obxectivo de que o Camiño se converta tamén nunha "experiencia gastronómica para o peregrino". 

Así, o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo puxo o foco no feito de que os camiñantes chegan "cansados" ao final de cada etapa, polo que instou a aproveitar "esa circunstancia para servirlles os mellores pratos de Galicia". 

Deste xeito, o obxectivo da Xunta é aproveitar a celebración do segundo ano do Xacobeo 2021-2022 para seguir captando establecementos que se somen á oferta gastronómica e para proxectar o Camiño como "referente da cociña de calidade e sostible". 

A gastronomía, un "atractivo máis para camiñar a Galicia"
comentarios