viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

O Goberno e a Xunta axuntarán criterios para as bonificacións da AP-9

Feijóo, con Ábalos. EFE
Feijóo, con Ábalos. EFE
Feijóo e Ábalos mantiveron un encontro este mércores, no que avanzaron o deseño dun plan conxunto

A comprometida rebaixa de peaxes para a Autoestrada do Atlántico (AP-9) foi un dos temas centrais da reunión que mantiveron en Madrid o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen avanzaron que Xunta e Goberno tratarán de deseñar conxuntamente o plan e "axuntar criterios" para as bonificacións. 

Nunha rolda de prensa conxunta, Feijóo agradeceu o compromiso orzamentario do Executivo estatal para acometer esta rebaixa de peaxes e repasou algunhas das propostas para as bonificacións xa formuladas pola Comunidade, á vez que ratificou o compromiso do ministro en relación a que o real decreto que validará estas rebaixas de peaxes na AP-9 estea listo neste primeiro semestre do ano. 

"No segundo semestre debería ser xa efectiva a rebaixa de peaxes", dixo o presidente galego, quen remarcou que dita redución das taxas é a "prioridade" para a Xunta. "Primeiro a rebaixa de peaxes e despois, o traspaso (da titularidade da infraestrutura). Entendemos que tamén é a prioridade dos cidadáns", engadiu. 

Pola súa banda, Ábalos destacou o compromiso orzamentario que supón reservar 63 millóns para estas bonificacións e incidiu en que se traballa para a posta en marcha da medida, "pensada para implantarse desde o primeiro día", aínda que precisou que a súa entrada en vigor dependerá do tempo que leve concretar o real decreto, que confía en que "sexa breve".

O Goberno e a Xunta axuntarán criterios para as bonificacións da AP-9
comentarios
ç