Gómez-Reino acusa a Feijóo de "manipular" as cifras da incidencia do covid-19

Afea á Xunta que "obstaculice" e "oculte datos" sobre a situación da pandemia en Galicia
Antón Gómez Reino, en una imagen de archivo. EFE
photo_camera Antón Gómez Reino. EFE

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, afeou á Xunta que "obstaculice" e "oculte datos" no reconto do Ministerio de Sanidade de afectados por coronavirus ao ser Galicia "a única comunidade" que non facilita as cifras sobre a incidencia da epidemia segregadas por municipios, así como o número de novos ingresos en UCI de infectados por covid-19. 

Nun comunicado emitido este martes, o tamén deputado de Unidas Podemos reclamou "transparencia, cooperación e lealdade" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co Executivo central á hora de facilitar os datos sobre a pandemia. "É un requisito fundamental para combater a expansión da epidemia que a Xunta colabore lealmente co resto de institucións, tanto dentro como fose de Galicia, e que non obstaculice o traballo dos expertos", remarcou Gómez-Reino, que acusa a Núñez Feijóo de "mentir" e "non facilitar" os datos que Sanidade require ás comunidades autónomas. 

"Feijóo quéixase de que o Goberno non mantén informadas as comunidades autónomas, pero iso é mentira porque en realidade sucede ao revés: é a Xunta a que non proporciona aos expertos que dirixen a loita contra o virus a nivel estatal os datos que necesitan para facer o seu traballo, datos que está obrigado a facilitar tal e como establece a normativa do estado de alarma", dixo o secretario xeral de Podemos Galicia. 

Así, sostivo que o xefe do Executivo autonómico é un "irresponsable" e arríscase a que "o esforzo de todos os galegos non sirva para nada". "Se Galicia comeza a desescalada sen información real e verdadeira sobre a situación real da epidemia, ese esforzo colectivo non servirá para nada". "Onte  [por este martes] lle pedimos lealdade e transparencia co Goberno central, hoxe esixímoslle lealdade coa cidadanía porque os datos salvan vidas", remarcou Gómez-Reino. 

Comentarios