Gonzalo Caballero: "O Goberno aprobou medidas de rescate da xente, a Xunta non"

O líder do PSdeG explicou os seus plans para a industria galega
Acto PSdeg 15 años triunfo de Touriño
photo_camera Caballero e Touriño, nun acto en Bonaval este venres. PEPE FERRÍN

Ten solución Alcoa?
O mantemento do emprego de Alcoa é unha prioridade na que todas as administracións responsables temos que facer un esforzo compartido. Debe mos contemplar todas as vías de intervención legais e viables para que non paren as cubas e se manteña o emprego. Feijóo xa demostrou que non ten solución aos problemas industriais de Galicia, pero eu comprométome como presidente a manter toda a fi rmeza e reivindicación necesaria para acadar co Goberno de España unha saída que priorice o emprego na Mariña, cun plan de industrialización con 38 millóns de euros para esa comarca. Hai que ter interlocución coa empresa e co Goberno e ese é o meu compromiso, xa que Feijóo é incapaz de falar ou buscar solucións indo da man con outros.

Por que se demora tanto o estatuto electrointensivo?
Nas próximas semanas van saír todos os mecanismos e avais e o PSdeG esixe que se aprobe tamén ese estatuto eléctrico coas alegacións presentadas que sexan viables e legais o antes posible. Pero o problema de Alcoa vai máis alá do estatuto e por iso, ademais de esixilo, temos que buscar unha planificación con obxectivos claros para garantir o emprego e gañarlle o pulso á compañía, que ten que reflexionar.

Feijóo non sabe de economía; eu terei un equipo cos mellores expertos para deseñar un novo plan económico

Vostede é economista. Como agarda que sexa esta crise?
En Galicia é fundamental unha nova política económica e industrial para a reconstrución do país. Esta crise amosou unha caída abrupta do PIB e evidencia que a saída hai que planifi cala con distintos escenarios, pero é evidente que a recesión é unha realidade moi posible. Polo tanto, temos que adoptar medidas de impulso que apoien a traba lladores, autónomos e pemes. A crise é preocupante a nivel global e en España o Goberno permitiu acompañala con medidas sociais moi importantes; pero en Galicia non foi quen de ter un plan económico nin social para o rescate dos cidadáns. Feijóo non entende de economía nin ten un equipo de economía potente. Eu conseguirei o mellor grupo contando cos maiores expertos galegos para facer unha nova política económica.

A recesión é posible e o Goberno estatal aprobou medidas sociais importantes en previsión; pero a Xunta non o fixo

Agárdannos novos recortes?
Se gobernamos os progresistas somos a mellor garantía de que se fomente a demanda e se impulse o gasto público. O Goberno de España logrou un fondo moi importante na Unión Europea para combater esta crise e desde o PP opóñense a todas esas me didas, porque seguen tendo no seu subconsciente as receitas de recortes, de control e de desmantelamento do público.

Fala de que o PP se opón ás medidas do Goberno. Hai demasiado ruído político en Madrid?
A dereita, cada vez que perde o poder en España, busca nivel de confrontación, como xa vimos con Felipe e Zapatero. Preocúpame esta deriva do PP de Casado e Feijóo, que manteñen unha liña de acción orientada a competir con Vox, unha forza que nos arrepía e que agora quere entrar no ámbito político galego. O voto ao PSOE será a garantía para defender a España do acoso e derribo desa dereita e ultradereita.

Imos demasiado rápido coa desescalada precisamente para axudarlle á economía?
Hai que avanzar cara a normalidade con prudencia e responsabilidade, facilitando o maior número de actividades posibles con garantía e control.

Comentarios