Achan o cadáver do portugués desaparecido no Miño á altura de Salvaterra

Un dispositivo formado por efectivos galegos e lusos atopou o corpo sen vida

Un dispositivo composto por efectivos galegos e portugueses atopou este luns pola mañá o corpo sen vida dun mozo de nacionalidade lusa desaparecido este domingo en augas do río Miño, á altura da localidade pontevedresa de Salvaterra.

A Garda Civil confirmou a aparición do cadáver ao 112 Galicia ás 8.15 horas desta mañá. O corpo foi rescatado por un barco da Mariña de Tui. A esta hora, está a ser trasladado á localidade lusa de Monçao.

Logo de coñecer a desaparición do mozo, sobre as 19.00 horas da tarde do domingo, o CAE 112 Galicia activou o protocolo ARIEM 112, un proxecto europeo que facilita a coordinación das urxencias entre Galicia, Castela e León e o norte de Portugal. As súas pertenzas apareceron na beira.

Así pués, na procura participou un amplo dispositivo composto por efectivos galegos e portugueses, entre eles a Garda Civil, a Policía Autonómica, a Policía Local e Protección Civil de varias localidades próximas. Os Bombeiros do Baixño Miño, pola súa banda, incorporáronse ás tarefas de procura cunha embarcanción. Desde Portugal tamén foron mobilizadas varias dotacións.

Comentarios