Achan un corpo desmembrado dun varón nun piso de Ponteareas

A Garda Civil investiga o achado dun cadáver desmembrado dun varón nun arcón conxelador dun piso en Ponteareas, segundo informaron a Efe fontes do instituto armado.

Foi precisamente o propietario do piso quen deu o aviso ás autoriadades cando percibiu algo estraño no inmoble situado na terceira planta dun edificio na avenida de Castelao. Volvía ao piso logo de telo alugado para limpalo e atopouse cun arcón conxelador selado, o que lle infundiu sospeitas.

Os axentes da Benemérita tiveron que forzar o conxelador para poder abrilo e no seu interior atoparon o corpo despiezado.

Facía tempo que o propietario do piso non tiña novas do inquilino, quen acumulaba varios meses de impago do alquiler, detallaron as fontes del instituto armado.

A investigación, que corresponde á Policía Xudicial da Garda Civil, atópase baixo segredo de sumario.

Polo momento un equipo especializado en Criminoloxía da Garda Civil xa se atopa en camiño á zona para analizar os restos e o escenario físico, dixo o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, quen tamén informou, en declaracións prensa, de que se abriron dilixencias para pescudar, identificar e dar co paradoiro da persoa que tiña alugada esta vivenda.

Comentarios