As herdanzas entre familiares directos de menos dun millón de euros quedarán exentas de impostos en Galicia, polo que o "99,9%" da poboación verase beneficiada.
Diso informou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación dos orzamentos para 2020, que soben un 3%, ata un total de 10.149 millóns, polo que se esgota o teito de gasto. Inicialmente estaba fixado en 10.160 millóns, pero o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que a caída dos 11 millóns restantes débese á inclusión das rebaixas fiscais.
Estas contas inclúen varias rebaixas fiscais, entre as que Feijóo destacou que se produce "practicamente" a eliminación do imposto de sucesións e doazóns, que a partir do 1 de xaneiro só pagará o "0,1%" dos galegos.
Ademais, hai baixada de impostos sobre transmisións patrimoniais para compra de vivenda no rural, "no 94 por cento" de Galicia. Así, báixase do 7% ao 5% a tributación na habitual, mentres que en segunda vivenda redúcese do 10% ao 6%.
No tocante