Un home de 86 anos, cuarta vítima con covid esta semana en Galicia

O falecido atopábase ingresado no Chuac
Un paciente con covid ingresado en un hospital. EUROPA PRESS
photo_camera Un paciente con covid ingresado en un hospital. EUROPA PRESS

A Consellería de Sanidade comunicou este venres unha nova vítima con coronavirus en Galicia. Desde o comezo da pandemia, os falecidos na comunidade galega elévanse a 2.666. En concreto, trátase dun home de 86 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Contaba con patoloxías previas. 

Esta é a cuarta vítima en Galicia comunicada esta semana polo Goberno autonómico. Os outros tres óbitos foron: unha muller de 72 anos —falecida en Povisa—; un home de 84 anos —tamén en Povisa— e unha muller de 79 anos —veciña en Fene da muller de 58 anos que morreu no seu domicilio o 12 de novembro sen vacinar— 

BALANCE. O ritmo de contaxios segue acelerándose día a día na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Deste xeito, e segundo os datos recollidos pola Consellería de Sanidade ata as 18.00 horas do xoves, este venres os casos de covid ascenden a 345, o que supón 47 máis que os contabilizados no balance previo.

Este aumento de infeccións activas explícase polo número de positivos detectados en 24 horas, que continúan disparados tras pasar dos 44 notificados o xoves aos 50 desta xornada. LER MÁSAcelérase o ritmo de contagios na área de Pontevedra, que supera xa os 300 casos

Comentarios