Hugo e Lara, de 'La Isla de las Tentaciones', percorren o Camiño Francés

A parella, con outro compañeiro de programa e varios 'instagramers' van de Sarria a Santiago para promocionar a ruta entre 3,5 millóns de seguidores nas redes
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Hugo Pérez Cabaleiro, durante su recorrido por el Camino Francés. EP

Hugo Pérez Cabaleiro e Laura Tronti, a parella galega que se se fixo famosa no programa televisivo La Isla de las Tentaciones, percorre o Camiño Francés desde Sarria a Santiago, xunto ao seu compañeiro de concurso Raúl Ginés, as influencers Cristina Cerqueiras e Natalia Maquieira e o humorista Xurxo Carreño.

O grupo fixo o mércores o traxecto Palas de Rei-Melide e na mañá do xoves chegaron a Arzúa, camiño da capital autonómica, co fin de cubrir o traxecto de cen quilómetros que lles permite obter a compostela.

Estes camiñantes contan co patrocinio da marca Xacobeo 21-22 e van equipados con roupa desta firma. As anécdotas da ruta compártena nas súas contas de Instagram, onde suman 3,5 millóns de potenciais seguidores, o que pode implicar unha notable publicidade, xa que divulgan o seu periplo xacobeo a través desta rede social.

Comentarios