Imputan un veciño de Melón pola autoría dun incendio forestal

Funcionarios da Policía Autonómica imputaron un home, veciño do municipio ourensán de Melón, como presunto autor dun incendio forestal nese concello que calcinou 300 metros cadrados de monte arboledo.

Segundo informou a Xunta de Galicia nun comunicado, o incendio tivo lugar o pasado luns 5 de maio debido "a unha neglixencia na realización de traballos forestais".

As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao xulgado de garda de Ribadavia.

Estas mesmas fontes sinalaron que con esta nova actuación son xa 33 as persoas imputadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados con incendios forestais.

Comentarios