Intento de queima dun quinto camión cisterna en Castro de Rei

O vehículo dun autónomo que traballa para Reny Picot sufre un novo ataque logo dos incidentes ocorridos a semana pasada en Outeiro de Rei e A Pastoriza
Camión cisterna incendiado en Matadoso
photo_camera Camión cisterna incendiado en Matadoso

Un quinto camión cisterna estivo a piques de ser calcinado tras unha nova tentativa de incendio a un camión na provincia de Lugo, informaron fontes do sector lácteo, que concretaron que o feito se rexistrou a noite pasada en Matodoso, en Castro de Rei.

O vehículo é dun autónomo que traballa para Reny Picot e del arderon catro rodas e resultou afectada a cisterna, a cal estaba baleira. Ademais, no lugar apareceron garrafas e no camión alguén pintou: "Leite Polvo".

A Garda Civil encárgase de investigar as causas do incendio.

A semana pasada tiveron lugar varios incidentes nos que se viron incendidados un total de catro camións, un deles o xoves na Pastoriza, e outros tres o venres, na planta de Loxística Almentaria, en Outeiro de Rei. As sabotaxes aconteceron no marco dunha semana de mobilizacións do sector lácteo galego contra a a entrada de leite foráneo en factorías de tratamento.



Comentarios