Interveñen nunha peaxe da AP-9, á altura de Vilaboa, roupa e bolsos falsificados valorados en 7.000 euros

O condutor da furgoneta carecía de facturas de compra nin a autorización das marcas afectadas
Material incautado
photo_camera Material incautado

A Garda Civil incautou 65 camisetas deportivas e 25 bolsos presuntamente falsificados nun control de vehículos establecido na peaxe de Vilaboa da autoestrada AP-9, en sentido Tui, informaron fontes do instituto armado.

O valor no mercado da mercancía requisada supera os 7.000 euros, precisan as fontes.

As pezas e os bolsos intervidos viaxaban nunha furgoneta que conducía un cidadán de nacionalidade senegalesa residente en Vigo, quen carecía de facturas de compra nin a preceptiva autorización das marcas afectadas.

Comentarios