Investigado un octoxenario por un incendio en Parada de Sil

Incendio. ARCHIVO
photo_camera Incendio. ARCHIVO

A Garda Civil procedeu a investigar a un octoxenario por un incendio forestal rexistrado no municipio de Parada de Sil (Ourense) que se iniciou nunha leira propiedade do imputado.

Así o informou o Instituto Armado, que sinalou que a Garda Civil de Viana tomou declaración en calidade de investigado a D.G., de 87 anos de idade, como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o 5 de agosto en Requián, en Parada do Sil.

As mesmas fontes indicaron que resultou afectada por este lume unha superficie de 3.500 metros de terreo agrícola nunha casa abandonada. Estas puntualizaron que o lume se iniciou nunha leira propiedade do imputado

Comentarios